Volume:

1.        Introdución

Neste traballo tentamos de realizar actividades orientadas ao terceiro ciclo de Educación Primaria que foran dinámicas e sinxelas, que mantiveran a atención dos alumnos e alumnas, e que nos permitisen á vez facelos conscientes do volume, as sombras e a profundidade.

2.        Duración

Logo de efectuar as actividades formuladas para o alumnado, cremos que os tempos que imos empregar en realizalos serán os seguintes:

A primeira actividade segundo a nosa experiencia levaranos un tempo aproximado de 50 minutos. Este tempo estará dividido en dúas partes, unha primeira na que se realizará a elaboración do animal de plastilina e na que investiremos aproximadamente 15-20 minutos; e unha segunda na que se debuxará o animal nun papel coas sombras correspondentes e na que empregaremos aproximadamente 20-30 minutos.

Na segunda actividade empregamos 30 minutos, tendo en conta que nós realizámola con pastel, mentres que se a fixeramos con acuarela, probablemente precisaríamos máis tempo debido á necesidade de empregar paleta e realizar numerosas mesturas.

3.        Obxectivos

  • Actividade 1: gordiños animais.

Ver as diferentes formas de crear volume nos diferentes soportes (papel e plastilina).

Aprender a debuxar recreando a posición relativa dos obxectos.

Observar os efectos da luz nos obxectos.

Observar as diferentes formas e o espazo que ocupan así como a súa altura e anchura.

Desenvolver habilidades para o debuxo.

Traballar a tridimensionalidade experimentando co espazo.

  • Actividade 2: o longo túnel.

Comprender o concepto de profundidade.

Apreciar a importancia das distancias na creación do volume.

Usar as cores para expresar a diferente distancia de cada punto do mapa.

Asimilar a importancia do grosor e da separación das liñas para expresar a distancia e proximidade.

Procurar posibilidades da cor como instrumento para crear volume, mediante o uso de degradacións no debuxo da escultura realizada.

Relacionar diferentes tons e matices para producir sensación de volume.

Traballar a bidimensionalidade.

  • Obxectivos conxuntos

Desenvolver interese polas actividades realizadas.

Manter unha actitude positiva e respectuosa cara as tarefas.

Apreciar a orixinalidade e a creatividade como base do traballo.

4.        Material necesario

  • Actividade 1

Precisaremos en primeiro lugar para a elaboración das esculturas dalgún animal plastilina, unha espátula para esculpir a forma con máis exactitude.

E posteriormente para o debuxo da escultura necesitaremos estar nun lugar con luz natural, papel, lapis, difumino e goma.

  • Actividade 2

Necesitaremos papel, lapis, ceras pastel, acuarelas ou témperas de diferentes cores, e goma.

5.        Metodoloxía

A metodoloxía que levaremos a cabo estará baseada nos principios de individualidade xa que cada alumno realizará cadanseu traballo de forma autónoma. Ademais tamén tivemos en conta os intereses do alumnado o deixarlles escoller o animal que eles quixeran, así como na selección de materiais para contribuír a unha aprendizaxe significativa.

As distintas tarefas que suxerimos organizaranse seguindo un proceso que consistirá na explicación da tarefa de forma paulatina á vez que se vai avanzando na execución da mesma.

  • Actividade 1: a granxa dos animais

Nesta actividade proporcionaráselle ao alumnado plastilina e unha espátula para traballar con ela con maior precisión. Posteriormente se lle dará a indicación de que modelen con ela o animal que eles consideren.

Durante o proceso de elaboración da escultura observarase a actitude mantida polo alumnado así como a evolución das súas producións, o cal será a base da avaliación.

Unha vez rematada a escultura indicaráselle que coloquen nun lugar con boa visibilidade para copiala nun papel, tendo en conta as sombras e reflexos producidos pola luz.

  • Actividade 2: o túnel

Comezarase esta actividade proporcionando un lapis a cada cativo co que realizarán o contorno dun túnel. Unha vez realizado este se lles indicará que realicen liñas paralelas ao túnel debuxado. Estas liñas suporán distintos espazos que serán enchidos polos cativos con cores de forma degradada con tonalidades progresivamente máis claras.

6.        Rexistro da execución práctica das tarefas

As tarefas propostas foron previamente realizadas por nós para probar que son posíbeis. Así pois, axuntamos as fotos nas que se ven claramente os animais feitos con plastilina e os debuxos dos mesmos; así coma o túnel coas diferentes gradacións de cores.

– Mostra primeira actividade: A granxa de animais


– Mostra segunda actividade: o túnel

7.        Valoracións persoais

Con estas actividades preténdese que o alumnado adquira consciencia do volume así como da posibilidade de retratalo no papel e a través das esculturas.

Na nosa opinión as actividades formuladas contribuirán ó cumprimento dos obxectivos. Por outra banda pensamos que o traballo coa plastilina pode resultar especialmente atractivo e dinámico debido a que supón a manipulación coas mans dun material co que xa non traballan tanto (dende outros cursos anteriores).

Cremos que só unha das actividades se pode axustar a ciclos inferiores, que é a primeira parte da primeira actividade, consistente na realización dun animal con plastilina.

Ademais, a actividade”A granxa de animais”,  permitiranos introducir algúns temas como o movemento, a natureza, os animais… que se tratarán noutras areas posteriormente.

O traballo do volume parécenos interesante xa que esixe a observación detida do espazo por parte do alumnado, así como a asimilación do lugar que ocupa o neno con respecto aos obxectos.

8.        Bibliografía

GERSTNER, K.: Las formas del color. Hermann Blume. Madrid, 1988

WHELEAN BRIDE, M.: La armonía en el color: nuevas tendencias : guía para la combinación creativa de colores. Somohano. México, 1994.

http://www.palmexo.com/taller/volumen.html

http://www.estocolomo.es

Los comentarios están cerrados.