Volume: Prieto, Antonio; Rodríguez, Leticia; Villaverde, Laura; Visconti, Martín

Prieto Cuba, Antonio

Rodríguez Pais, Leticia

Villaverde Martín, Laura

Visconti Ibarra, Martín

INTRODUCIÓN

Neste traballo faremos unha proposta de actividades dirixida a nenos de 2º ciclo, en concreto ó 4º curso de primaria. Desenvolveremos dúas actividades sobre o volume, en primeiro caso no plano e en segundo caso no espazo en dúas sesións de 50 minutos cada unha.

En primeiro lugar comezaremos explicando os obxectivos, contidos e a metodoloxía que vamos a utilizar, posto que é algo importante para o desenvolvemento das actividades. Despois faremos unha breve explicación das actividades coa súa secuenciación e indicando o material que se precisa para levalas á cabo. Por último faremos unha valoración final o traballo indicando o que temos que mellorar.

CONTEXTUALIZACIÓN

Deseñamos estas tarefas para o 2º ciclo de primaria, concretamente o 4º curso. Esta proposta de actividades está pensada para a súa realización en dúas sesións de 50 minutos.

COMPETENCIAS

As competencias que consideramos traballadas nalgún punto da actividade son as seguintes:

Competencia matemática.

-Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Competencia social e cidadá.

Competencia cultural e artística.

Competencia para aprender a aprender.

-Autonomía e iniciativa persoal.

OBXECTIVOS

Esta proposta de actividades atende a uns obxectivos do currículo de Educación Primaria que son:

* Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas, desenvolvendo a sensibilidade estética e a capacidade de desfrute das súas diferentes manifestacións e iniciándose na construción de propostas persoais.

* Desenvolver mecanismos de sensibilidade estética e a creación artísticas para promover a percepción e a expresión de ideas, emocións, sentimentos e vivencias.

* Formar progresivamente o sentido estético persoal como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.

* Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.

* Aplicar os coñecementos artísticos na observación e na análise de situacións e de obxectos da realidade cotiá e de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.

* Desenvolver unha relación de autoconfianza coa produción artística persoal, respectando as creación propias e as das outras persoas, cunha actitude de interese e de admiración polo distinto e/ou novo, sabendo recibir e expresar críticas e opinións, e utilizándoas como recurso para a mellora.

* Participar activamente en producións artísticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir un produto final o máis satisfactorio posible.

CONTIDOS

As actividades que a continuación presentaremos traballan en maior ou menor medida os seguintes contidos da educación artística pertencentes ó currículo da educación primaria.

1. Clasificación de texturas e tonalidades e apreciación de formas naturais e artificiais exploradas desde diferentes ángulos e posicións.

2. Respecto e coidado da contorna, das obras que constitúen o patrimonio cultural, das producións propias e das dos demais.

3. Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto social e comunicación das apreciacións obtidas.

4. Indagación sobre diferentes maneiras de representar o espazo.

5. Experimentación con liñas diversas e formas en diferentes posicións.

6.Procura das posibilidades da cor en contrastes, variacións e combinacións, apreciando os resultados sobre diferentes soportes.

7. Interese por axustar o proceso de creación, individual ou en grupo, ás intencións previstas, seleccionando apropiadamente os materiais segundo as súas posibilidades plásticas, usando responsablemente instrumentos, materiais e espazos, asumindo as tarefas e respectando as normas que, no seu caso, o grupo estableza.

METODOLOXÍA

Para levar á cabo as actividades utilizaremos unha metodoloxía globalizada e interdisciplinar combinada con dous tipos de técnicas:

A. Clase maxistral: o profesor explica os contidos que se van a traballar e os aspectos principais das actividades que se van a desenvolver,

B. Individualizada: os alumnos realizarán as actividades de forma autónoma e ao seu ritmo, sen intervención do profesor, que só servirá de guía ou axuda.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Actividade de introdución: comezaremos a sesión cunha breve explicación sobre o que imos traballar en referencia ó tema do volume. Presentaranse os aspectos principais a ter en conta na representación do volume como son a luz e a sombra. Deste xeito contextualizaremos a actividade que se realizará a continuación.

Temporización: 10 minutos

Recursos:

Persoais: clase maxistral

Espacial: aula

Actividade 1

Con esta actividade queremos traballar a representación de modelos tridimensionais en plano. Para iso comezaremos traballando con obxectos de formas sinxelas e de fácil representación que se correspondan con figuras como a esfera, cubo, cilindro…

Repartiranse folios para todo o alumnado e con lapis tratarán de facer unha interpretación representando a forma xeométrica do obxecto elixido. Faremos fincapé en que a finalidade non é representar a realidade fielmente se non conseguir a sensación de volume facendo o xogo con luces e sombras.

Para o inicio da actividade é interesante representar formas sinxelas que se correspondan con figuras xeométricas:esferas, cilindros, cubos, etc. Se a tarefa resulta interesante e se desexa traballar máis sobre o tema podemos complicalo coa representación de imaxes que presenten combinación de diferentes formas xeométricas ou formas máis complexas atendendo os intereses do alumnado.

Temporización:o que resta da sesión

Recursos:

Persoais: actividade individual

Materiais: folios, lapis, goma, obxectos a representar

Espaciais: aula, patio do colexio (posibilidade de debuxar obxectos do exterior)

Fotos da actividade:

Debuxos:

Actividade 2

Nesta actividade o que propoñemos é a creación de volume real a partir dunha representación do mesmo en 2D.

En primeiro lugar colleremos os debuxos resultantes da actividade anterior e trataremos de crear estas figuras simples con plastilina. Unha vez feitas as figuras poremos en xogo a creatividade dos nenos propoñéndolles a representación de outros obxectos da realidade que combinen estas formas; por exemplo mediante a combinación dun cono e un esfera creamos un xeado. Para facilitar a unión das figuras podemos utilizar escarvadentes.

A finalidade desta actividade é que o alumnado comprenda a complexidade das formas que compoñen o mundo que nos rodea e saiba simplificar a estrutura dos elementos.

Temporización: 50 minutos

Recursos:

Persoais: ó principio individual – final da actividade pequenos grupos/ parellas.

Materiais: os debuxos da sesión anterior, plastilina, periódicos, escarvadentes.

Espaciais: aula

Fotos da actividade:

VALORACIÓNS

Comezamos o noso traballo buscando actividades para poder desenvolver con nenos de primaria. Foi un traballo difícil porque, aínda que tiñamos moitas ideas, eran tarefas pensadas para realizar con tempo e como había que demostralas na clase, non dispoñiamos de ese tempo para poder facelas nós e amosarllas o resto da clase.

A nosa elección das actividades baseouse na sinxeleza das actividades e en que estaban conectadas, cousa que preferiamos para poder levar a cabo unha estrutura de traballo máis ben globalizada.

Aprendemos, con este traballo, diferentes recursos para poder traballar o volume e as artes plásticas e que moitas veces é preciso tentar facer o que se lles pide aos alumnos antes de facelo, para comprobar se é unha tarefa con demasiada dificultade ou se non se adapta aos nenos.

Cremos que, a pesares de todo o dito con anterioridade, podemos crear actividades máis imaxinativas e innovadoras, incorporando novos materiais e incluso tecnoloxías TIC, para facer máis atractivas as tarefas e adaptarse ós intereses dos alumnos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s